sábado, 4 de marzo de 2017

TODOS ENSINAMOS....TODOS APRENDEMOS

Todos os días nos xurden un montón de dúbidas (gracias a Deus!). Como funcionan as esclusas do Canal de Panamá foi algo que nos prantexamos cando, ao observar no mapa os cinco continentes, démonos conta da cinturiña tan estreita que luce América. Que se o Atlántico, que se o Pacífico...como atravesamos...Dunha cousa demos noutra e...había un canal!!!!

Antonio Muiño, o papá de Antón, exerceu de inxeniero por un día e, dunha maneira sinxela e sumamente clara, fíxonos ver como funcionan as esclusas do Canal de Panamá. Cada un de nós puidemos "cruzar" dende o Pacífico ao Atlántico, -ou á inversa-, pilotando o "noso" barco, ascendendo de esclusa en esclusa. Toda unha lección práctica!! Gracias, mestre!

ASÍ FUNCIONAN AS ESCLUSAS DO CANAL DE PANAMÁ