miércoles, 31 de mayo de 2017

EXCURSIÓN AO PARQUE PERIURBANO DE RIVEIRA

A temática da Semana Cultural levounos ata Cespón e Riveira. Tivemos ocasión de coñecer os castros de Neixón, as réplicas que se atopan no Periurbano de Riveira e os restos do Castro da Cidade, desde o que puidemos contemplar as vistas máis espectaculares do mundo. É un lugar que merece a pena visitar, sobre todo nun día claro e luminoso como o que nós tivemos a sorte de disfrutar.
No seguinte enlace, pódense ver as fotos que sacamos ese día.
http://santamariadocastro.blogspot.com.es/2017/05/excursion-1-e-2-ribeira.html


sábado, 13 de mayo de 2017

FELIZ CUMPLE, SABELA!!!

Benvida ao club, Sabela!!! Xa é unha terceira parte do grupo a que conta 7 aniños no seu DNI. Parabéns!!!!






viernes, 5 de mayo de 2017

TOCOU SER AGRICULTORES

Como xermina unha semente, observar como unha faba, unha lentella, un gran de millo,... se van convertindo en plantas, pode ser unha aprendizaxe moi visual ...se a colleita se nos dá ben, claro.


 
Emoción e entusiamo puxemos a raudales!!