viernes, 25 de mayo de 2018

VIAXANDO AO PASADO

A cidade romana de Toralla, cos monitores Pablo e Lau que, de xeito fantástico nos transportaron á época romana,  Salinae (a única salina da época romana que se conserva no mundo mundial por evaporación solar) e, por último, o zoo (que ten mooooito que mellorar), foron os destinos da nosa excursión.

martes, 22 de mayo de 2018

sábado, 19 de mayo de 2018

TEATRALIZANDO...


Igual temos unha pretensión moi alta, pero ....por pretender que non quede.
Así é que ...aspiramos a poder representar "O achado do castro" para finais de curso.
Será á nosa maneira, claro está. Se na familia queredes comprender ben de que vai a historia, aí vos deixamos unha imaxe da portada da obra. (Tamén a temos na clase, por se alguén está interesado)



SEMANA CULTURAL

Dos oficios tradicionais ía todo. A ourivería, a carpintería de ribeira, os oleiros, os serranchíns...
Unha visita aos Asteleiros de Gerardo Triñanes, colares, colgantes, presentacións na biblioteca....


                     
                                                                                                                 
                                                  












viernes, 11 de mayo de 2018

FELICIDADES, PRINCESA!


 E, que boa estaba a bica!  A peque Sabela cumple 8 aniños! Ímonos facendo maiores, eh!!!

Parabéns para ti,
nesta data querida,
moita felicidade
e moitos anos de vida!