domingo, 27 de septiembre de 2026

PRESENTÁMONOS!!

 Aquí estamos de novo!!. Altos, guapos, riseiros...e coa ilusión de empezar un novo curso.  Xa somos de  segundo!!!
Espéranos un ano de  novos proxectos , de novas experiencias, de xogos compartidos...
Iremos informando de todos os eventos da nosa andadura. Convidámosvos a colaborar con nós para facer que sintamos que este blog forma parte de todos os que compoñemos esta pequena-gran familia.


martes, 19 de junio de 2018

"O ACHADO DO CASTRO"

Despedimos o curso representando a obra "O achado do castro". Aquí deixamos algunhas fotos.


                                                       

sábado, 9 de junio de 2018

miércoles, 6 de junio de 2018

DE MUSEOS

Hoxe tocou saída a Santiago. O Museo do Pobo Galego e o de Ciencias Naturais ocuparon parte do noso tempo na capital de Galicia.
Que valor! Canto contido para un só día! Canto aprendimos e que ben o pasamos...a pesar do día chungo que nos tocou! Hoxe Santiago respondeu á súa fama: tivemos poalla todo o día!
Aí queda parte da documentación gráfica do día.

viernes, 25 de mayo de 2018

VIAXANDO AO PASADO

A cidade romana de Toralla, cos monitores Pablo e Lau que, de xeito fantástico nos transportaron á época romana,  Salinae (a única salina da época romana que se conserva no mundo mundial por evaporación solar) e, por último, o zoo (que ten mooooito que mellorar), foron os destinos da nosa excursión.

martes, 22 de mayo de 2018

sábado, 19 de mayo de 2018

TEATRALIZANDO...


Igual temos unha pretensión moi alta, pero ....por pretender que non quede.
Así é que ...aspiramos a poder representar "O achado do castro" para finais de curso.
Será á nosa maneira, claro está. Se na familia queredes comprender ben de que vai a historia, aí vos deixamos unha imaxe da portada da obra. (Tamén a temos na clase, por se alguén está interesado)