jueves, 6 de abril de 2017

APRENDEMOS EXPERIMENTANDO


Andar a andar, fomos construindo a nosa personalísima pirámide alimentaria. 

Auga, carbohidratos, vitaminas e minerais, proteínas e azucres e graxas foron chegando á clase da man de cada un de nós.






 Dous medios litros fan un litro.

Catro cuartos de litro fan tamén un litro.

Algunhas  botellas de auga que traemos á escola son de 1/2 litro; outras son de 33 centilitros.

CENTILITROS, menuda palabreja!!! Fíxonos moita gracia!!!  Xa estivemos vendo en cantas partes temos que dividir o litro para ter un centilitro.






 Tocaba esta vez analizar a composición do sangue. Andabamos a voltas coa importancia da auga na nosa alimentación. Por algo, a auga está na base da pirámide.

Algunhas das opinións eran:
- A auga é necesaria para a dixestión;
- os músculos precisan auga se non non temos forza;
- todos os órganos do corpo precisan estar húmidos;
- o sangue necesita auga para circular polas veas...

Glóbulos blancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma. Elaboramos todos os compoñentes e...aí temos o resultado!!!
A continuación, Lucía resúmenos o proceso.


No hay comentarios:

Publicar un comentario