martes, 27 de marzo de 2018

OS ÓSOS MISTERIOSOS



Ante o achado duns restos óseos no patio do colexio, vímonos na necesidade de “informar” ao policía que ese día realizaba a garda no colexio. Outra posibilidade que apuntaban algúns compañeiros era a de chamar a algún arqueólogo (por se acaso!).


Despois dunha breve investigación, o policía determinou que…algún veciño fixera un cocido nos días anteriores e, aqueles ósos non viñan sendo máis que os restos dos lombelos que estiveran previamente no prato. Suspense aclarado!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario