domingo, 20 de septiembre de 2020

A POR UN NOVO CURSO!

Eramos quince. Xa somos dezasete (e alguén máis...). A familia medra, sempre disposta a emprender novos camiños, con renovadas ilusións, con ganas de seguir escalando peldaños en todos os ámbitos. Pretendemos vivir xuntos un montón de novas experiencias e aprendizaxes que, aínda que sabemos que nos van supoñer algo de esforzo, tamén estamos seguros de que nos encherán de ledicia e satisfacción. A vivir esta nova aventura convidámosvos a todos para que, ao final, poidamos disfrutar xuntos do obxectivo común: ser felices e contribuir a que o sexan todos os que nos rodean.

viernes, 21 de junio de 2019

PROFE, QUERES QUE CHE CONTE UN CHISTE?

Gustouche?

Isto é unha pequena homenaxe a estes grandísimos personaxes que cada mañá, ao chegar á clase, o primeiro que me decían era: Profe, sabes que......?

E O ÚLTIMO CUMPLE DO CURSO FOI O DE....

Moitas felicidades, Álex!!!  Grazas por celebralo con nós! O 3 de xullo acordarémonos moito de ti. Un bico enorme de parte de todos.

ESTA VEZ, A EXCURSIÓN FOI A SANTIAGO...

O Obradoiro, a Catedral e as Platerías foron o noso primeiro contacto

Fomos en busca de tres das sete portas que tiña a cidade : o Arco de Mazarelos, a Porta da Mámoa e a Porta do Camiño

No Museo do Pobo Galego

No Observatorio Astronómico déronnos unha lección de astronomía, como non! E puidemos contemplar o telescopio máis grande que temos en Galicia


Por fin chegou a hora de xantar!


Pola tarde tocou a Cidade da Cultura. Unha monitora explicounos o significado da arquitectura  deste edificio

Pasámolo en grande correteando polos tellados. Ata rmpimos os pantalóns!!!!


Uns cantos, fomos ver unha exposición de artesanía galega e outra sobre a historia do fútbol galego. Como molaban as copas que había !!! E as botas do primeiro porteiro do Dépor!!!!!