miércoles, 28 de diciembre de 2016
jueves, 15 de diciembre de 2016
CUMPLEANOS FELIZ....!!!!!
Case a máis pequerrecha da clase -o máis noviño é David- pasou a formar parte dos veteranos. Mª José xa ten 6 anos!!! Nuns días, tamén David cumple e así xa todos temos MEDIA DUCIA !!!!
miércoles, 7 de diciembre de 2016
ANATOMÍA PURA!!
Con Juan Pepe -os peques saben moi ben de quen falamos-, aprendemos mil e unha cousa sobre o noso corpo: ósos, músculos, tendóns, sistemas... O compañeiro Jacobo tróuxonos estes ósiños do lombo do porco -iso si, ben relamidos- para que puideramos observar e tocar as vértebras ao natural.
jueves, 24 de noviembre de 2016
ROTULANDO AS ESCALEIRAS
O tesouro do dragón Smaug é un pequeno conto escrito por Agustín Fernández Paz. Lémolo na clase e, como nos gustou moito, decidimos poñer o seu título nas escaleiras para que outros nenos se animen a lelo. E aí que estamos tan satisfeitos!!!
miércoles, 23 de noviembre de 2016
XA SOMOS SOCIOS....DA BIBLIOTECA DE BOIRO
Aproveitando que iamos ao Centro Cultural de A Cachada para asistir a un teatriño de guiñois, recibíunos unha das responsables da biblioteca e explicounos as normas que debemos cumplir cando asistamos a ela. Algún duende xa lle tiña levado as nosas fotos, porque tíñannos preparado o carnet de lectores e puidemos traer con nós un libro cada un.
domingo, 6 de noviembre de 2016
viernes, 28 de octubre de 2016
E no outono, TORTA DE CABAZA!!
jueves, 27 de octubre de 2016
lunes, 24 de octubre de 2016
viernes, 21 de octubre de 2016
A MOCHILA VIAXEIRA
O 21 de outubro as nosas mochilas viaxeiras comezaron a súa rolda de visitas ás casas dos amigos lectores.
Empezaron viaxando ás casas de Anxo e de Saray. Cada venres, cada unha das dúas mochilas, cargada con tres libros, estará lista para ir pasar a semana á casa dalgún amigo. Nela van lecturas en Galego e en Castelán. Agora mesmo, viaxan os seguintes títulos:
O home e o oso, O casamento da pulga e o piollo, El tacto, Bob Esponja va al médico, La gran carrera de caracoles e El cuervo negro.
Empezaron viaxando ás casas de Anxo e de Saray. Cada venres, cada unha das dúas mochilas, cargada con tres libros, estará lista para ir pasar a semana á casa dalgún amigo. Nela van lecturas en Galego e en Castelán. Agora mesmo, viaxan os seguintes títulos:
O home e o oso, O casamento da pulga e o piollo, El tacto, Bob Esponja va al médico, La gran carrera de caracoles e El cuervo negro.
Os nenos lévanas os venres e tráenas de volta o seguinte
venres. Se cadrara festivo, traeranas o xoves.
Tamén irá rotando un caderno para que, se queren, expoñan a
súa opinión sobre as lecturas feitas, fagan un debuxo ou realicen calquera
actividade sobre as mesmas.
En todo o proceso é importante a participación e
colaboración das familias, creando ese momento máxico que implica a entrada na
historia, real ou fantástica, que encerra calquera libro, observando a actitude
do pequeno cara a lectura, axudando a
buscar alternativas para o tempo de lecer….
Os libros
gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa
man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
domingo, 16 de octubre de 2016
sábado, 15 de octubre de 2016
PROXECTOS 1º TRIMESTRE
Os trasniños empezamos este curso con ganas de aprender moitas cousas sobre O noso corpo. Ese proxecto, xunto con outro sobre O outono, son os que nos van ocupar o tempo ata Nadal. Seguiremos informando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)