Empezaron viaxando ás casas de Anxo e de Saray. Cada venres, cada unha das dúas mochilas, cargada con tres libros, estará lista para ir pasar a semana á casa dalgún amigo. Nela van lecturas en Galego e en Castelán. Agora mesmo, viaxan os seguintes títulos:
O home e o oso, O casamento da pulga e o piollo, El tacto, Bob Esponja va al médico, La gran carrera de caracoles e El cuervo negro.
Os nenos lévanas os venres e tráenas de volta o seguinte
venres. Se cadrara festivo, traeranas o xoves.
Tamén irá rotando un caderno para que, se queren, expoñan a
súa opinión sobre as lecturas feitas, fagan un debuxo ou realicen calquera
actividade sobre as mesmas.
En todo o proceso é importante a participación e
colaboración das familias, creando ese momento máxico que implica a entrada na
historia, real ou fantástica, que encerra calquera libro, observando a actitude
do pequeno cara a lectura, axudando a
buscar alternativas para o tempo de lecer….
Os libros
gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa
man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario