viernes, 28 de octubre de 2016

E CHEGOU O SAMAÍN!!! Aí estabamos todos metendo medo....


XOGOS POPULARES

 O paracaídas foi só un dos xogos nos que participamos...antes de comer as castañas.

E no outono, TORTA DE CABAZA!!

E que rica estaba!!!!! Saray, axudada polos seus papás, elaborou unha riquísima torta de cabaza e tróuxoa ao cole para compartila cos compañeiros e as profes. Grazas, Saray!!!!



                                            

viernes, 21 de octubre de 2016

A MOCHILA VIAXEIRA

O 21 de outubro as nosas mochilas viaxeiras comezaron a súa rolda de visitas ás casas  dos amigos lectores.
Empezaron viaxando ás casas de Anxo e de Saray. Cada venres, cada unha das  dúas mochilas, cargada con tres libros, estará lista para ir pasar a semana á casa dalgún amigo. Nela van lecturas en Galego e en Castelán. Agora mesmo, viaxan os seguintes títulos:
O home e o oso, O casamento da pulga e o piollo, El tacto, Bob Esponja va al médico, La gran carrera de caracoles e El cuervo negro.

Os nenos lévanas os venres e tráenas de volta o seguinte venres. Se cadrara festivo, traeranas o xoves.
Tamén irá rotando un caderno para que, se queren, expoñan a súa opinión sobre as lecturas feitas, fagan un debuxo ou realicen calquera actividade sobre as mesmas.
En todo o proceso é importante a participación e colaboración das familias, creando ese momento máxico que implica a entrada na historia, real ou fantástica, que encerra calquera libro, observando a actitude do pequeno cara a lectura, axudando a  buscar alternativas para o tempo de lecer….

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

sábado, 15 de octubre de 2016

PROXECTOS 1º TRIMESTRE

Os trasniños empezamos este curso con ganas de aprender moitas cousas sobre O noso corpo. Ese proxecto, xunto con outro sobre O outono, son os que nos van ocupar o tempo ata Nadal. Seguiremos informando.