domingo, 20 de septiembre de 2020

A POR UN NOVO CURSO!

Eramos quince. Xa somos dezasete (e alguén máis...). A familia medra, sempre disposta a emprender novos camiños, con renovadas ilusións, con ganas de seguir escalando peldaños en todos os ámbitos. Pretendemos vivir xuntos un montón de novas experiencias e aprendizaxes que, aínda que sabemos que nos van supoñer algo de esforzo, tamén estamos seguros de que nos encherán de ledicia e satisfacción. A vivir esta nova aventura convidámosvos a todos para que, ao final, poidamos disfrutar xuntos do obxectivo común: ser felices e contribuir a que o sexan todos os que nos rodean.