martes, 25 de abril de 2017

O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS

María Canosa é a segunda vez que nos visita. Noutra ocasión, contounos como se lle ocorriron os poemas que compoñen o seu libro "Acuario". Desta volta, "O día que choveu do revés" foi a historia que a trouxo novamente ao noso cole.



lunes, 24 de abril de 2017

...E FIXEMOS....IOGURES!!!!

Xa dominamos como chega o leite da vaca á taza. Nesta ocasión, comprobamos -un pouco por riba- como fermenta o leite e se convirte en iogurt.
    O proceso, agora, foi....do bote, á boca!!!!

               

jueves, 20 de abril de 2017

FELIZ ANIVERSARIO, JACOBO!!

Forte, Jacobo, que van ...sete!!!

Sempre felices, pero máis se estamos arredor dunha torta deliciosa.

A profe Natalia...apuntouse á festa!!! A profe Eva, tamén, pero estaba de fotógrafa.

martes, 18 de abril de 2017

VIAXE A EXIPTO


Facía tempo que nos entrara o gusanillo de viaxar a Exipto. Ata contaron os aforros que tiñan nas súas huchas!!! Trouxeron billetes "de mentira" que coleccionaban nalgunha cousa.

-"Ti gárdaos, profe, que ao mellor serven!".

Acompañáronnos os de terceiro, coa súa profe Bego e o profe Javier.
Unha paradiña para repoñer forza

Por fin...!!!

Aquí estamos diante da pirámide de...Keops!!

Naturalmente, a escritura é a xeroglífica


Facía moita calor. Normal! Estabamos en Exipto! Canto xogo nos deu a fonte...!!!


jueves, 6 de abril de 2017

APRENDEMOS EXPERIMENTANDO


Andar a andar, fomos construindo a nosa personalísima pirámide alimentaria. 

Auga, carbohidratos, vitaminas e minerais, proteínas e azucres e graxas foron chegando á clase da man de cada un de nós.






 Dous medios litros fan un litro.

Catro cuartos de litro fan tamén un litro.

Algunhas  botellas de auga que traemos á escola son de 1/2 litro; outras son de 33 centilitros.

CENTILITROS, menuda palabreja!!! Fíxonos moita gracia!!!  Xa estivemos vendo en cantas partes temos que dividir o litro para ter un centilitro.






 Tocaba esta vez analizar a composición do sangue. Andabamos a voltas coa importancia da auga na nosa alimentación. Por algo, a auga está na base da pirámide.

Algunhas das opinións eran:
- A auga é necesaria para a dixestión;
- os músculos precisan auga se non non temos forza;
- todos os órganos do corpo precisan estar húmidos;
- o sangue necesita auga para circular polas veas...

Glóbulos blancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma. Elaboramos todos os compoñentes e...aí temos o resultado!!!
A continuación, Lucía resúmenos o proceso.