miércoles, 24 de abril de 2019

FELIZ CUMPLE, JACOBO!!

Novo trimestre, novo proxecto e novo cumpreanos. E, a xogo coa temática que nos vai ocupar, celebramos o Día do Libro e, como non, o día de Jacobo. Parabéns guapo, e grazas pola orixinal torta!!!


jueves, 4 de abril de 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO E Á CIDADE DE PONTEVEDRA

No salón de audiovisuais, fomos espectadores dunha representación teatral que versaba sobre a importancia da lectura e os libros.
 Un lobo esperábanos á saída.
Atendimos ás explicacións que unha monitora nos deu para coñecer a exposición sobre  a mostra. 


 O loro Ravachol, Ramón Mª del Valle Inclán, a igrexa da Peregrina, a Praza da Leña, a do Teucro, as casas nobres cos seus escudos, os soportais..., foron algunhas das cousas que nos saíron ao paso paseando pola cidade pontevedresa.  (Tamén, a chuvia, o frío,....algunhas veces, o sol...)
Acabamos REN - DI - DOS!!!!! Menos mal que había un sofá!!!!