martes, 28 de noviembre de 2017

viernes, 24 de noviembre de 2017

UN ROMANO CON NÓS...

Moita ilusión nos facía que chegaran David e máis o seu amigo Cristian, un auténtico habitante de Roma!!!. Os dous fixeron o Camiño Roma-Santiago en bicicleta e, ao día seguinte de chegaren, viñeron facernos unha visita. Tivemos ocasión de preguntarlles cousas sobre Roma e, sobre todo, demostrarlles o moitíííísimo que sabemos nós. Foi tan pouco tempo que ...nin siquera fixemos unha foto todos xuntos. Sabela quedou de última ese día e...


EXPERIMENTANDO, NOVAMENTE


Hoxe apreciamos o sal por ser un aliño imprescindible. Os romanos cobraban o sueldo en sal: de aí o término salario. Comprobamos para que querían tanto sal:



Claro que si!!! Para conservar os alimentos!! Puxemos un trozo de carne fresca en sal e,deixamos outro trozo sen ningún aditivo. Poucos días nos fixeron falta para comprobar a eficacia do sal como conservante!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

UNHA LANDRA HOXE, UN CARBALLO MAÑÁN

Colaboramos co Concello na actividade que ofertou ao Centro consistente en prantar landras para, aló polo mes de abril, ir trasplantar os carballos ao monte que se nos indique.