miércoles, 27 de marzo de 2019

DISFRUTANDO DOS PRODUCTOS DO HORTO

Primeiro foi cultivar. Agora tocou recoller os froitos. Como bos hortelanos que somos, recollimos a primeira colleita de leitugas e...xa temos outras plantadas.
Pero, a leituga unicamente facíanos un plato un pouco aburrido. Así que decidimos elaborar unha ensalada supercompleta, na que non faltara ningún nutriente dos que precisamos para ter unha alimentación sana e equilibrada.


Uns lavamos a leituga, outros cortamos tomates, cebolas, plátanos, surimi, queixo; outros,  dispuxemos as olivas, as noces, os dátiles, o atún, o pavo...
Aceite, sal e vinagre deron o toque final á nosa completa ensalada. Só nos quedaba ...

   
                                              ...degustala en total harmonía!!!