jueves, 29 de noviembre de 2018

FABRICANDO UNHA BRÚXULA

Un envase de cristal, un tapón de corcho, unha agulla, un imán, unha rosa dos ventos e un pouco de auga foron os materiais que empregamos para fabricar a nosa propia brúxula. Agora xa non imos "perder o norte" nunca máis!

                      https://photos.app.goo.gl/AThgDzHF7ByZ6tXz7


viernes, 16 de noviembre de 2018

ANDAINA POLA EDUCACIÓN VIARIA


Esta actividade foi programada e organizada pola Policía Local. O "presunto" obxectivo era que o alumnado poidera poñer en práctica os coñecementos que se lle imparten nas clases de Educación Viaria que vén desenvolvendo nos Centros un membro dese Corpo.
A realidade foi que, todos, alumnado, mestres, policías, membros das AMPAS...fixemos unha moi agradable andaina polo paseo novo e, a maiores, vimos aterrar o helicóptero PEGASUS que trouxeron para a ocasión e, á velocidade do raio, puidemos subir á cabina, agasalláronnos con  froita e xogamos no parque, que foi o que máis nos gustou. A que si, rapaces?
O Sr. Alcalde aporveitou a ocasión para darse un baño de masas.