viernes, 16 de noviembre de 2018
ANDAINA POLA EDUCACIÓN VIARIA
Esta actividade foi programada e organizada pola Policía Local. O "presunto" obxectivo era que o alumnado poidera poñer en práctica os coñecementos que se lle imparten nas clases de Educación Viaria que vén desenvolvendo nos Centros un membro dese Corpo.
A realidade foi que, todos, alumnado, mestres, policías, membros das AMPAS...fixemos unha moi agradable andaina polo paseo novo e, a maiores, vimos aterrar o helicóptero PEGASUS que trouxeron para a ocasión e, á velocidade do raio, puidemos subir á cabina, agasalláronnos con froita e xogamos no parque, que foi o que máis nos gustou. A que si, rapaces?
O Sr. Alcalde aporveitou a ocasión para darse un baño de masas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario