viernes, 15 de diciembre de 2017

FELIZ CUMPLE, Mª JOSÉ!!!

A máis noviña da "familia" cumpleu hoxe sete aniños. Un brindis por unha excelente compañeira e.... a cumplir moooitos máis!!!!!!



lunes, 11 de diciembre de 2017

REFLEXIONANDO SOBRE A DISCAPACIDADE

No Día que a Asamblea das Nacións Unidas proclamou Día Internacional das Persoas con Discapacidade -3 de decembro-, adicamos un tempo a visualizar uns cortos que nos fixeron reflexionar sobre os dereitos, as necesidades e o respecto que todos nos merecemos. Rematamos unindo as nosas mans nunha árbore común, no que as diferenzas nin se notan.


                                             









domingo, 3 de diciembre de 2017

VISITA AO CONCELLO

Coa finalidade de achegarnos ás institucións locais, coñecer as funcións que cumpren determinadas persoas no Concello, saber que problemática podemos resolver os cidadáns nas dependencias municipais... solicitamos unha entrevista co Sr. Alcalde.
Recibíunos e contestou todas as preguntas que lle fixemos. Por último, a Concelleira de Educación, Mª José, fíxonos unha visita guiada polas diferentes dependencias.


martes, 28 de noviembre de 2017

viernes, 24 de noviembre de 2017

UN ROMANO CON NÓS...

Moita ilusión nos facía que chegaran David e máis o seu amigo Cristian, un auténtico habitante de Roma!!!. Os dous fixeron o Camiño Roma-Santiago en bicicleta e, ao día seguinte de chegaren, viñeron facernos unha visita. Tivemos ocasión de preguntarlles cousas sobre Roma e, sobre todo, demostrarlles o moitíííísimo que sabemos nós. Foi tan pouco tempo que ...nin siquera fixemos unha foto todos xuntos. Sabela quedou de última ese día e...


EXPERIMENTANDO, NOVAMENTE


Hoxe apreciamos o sal por ser un aliño imprescindible. Os romanos cobraban o sueldo en sal: de aí o término salario. Comprobamos para que querían tanto sal:



Claro que si!!! Para conservar os alimentos!! Puxemos un trozo de carne fresca en sal e,deixamos outro trozo sen ningún aditivo. Poucos días nos fixeron falta para comprobar a eficacia do sal como conservante!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

UNHA LANDRA HOXE, UN CARBALLO MAÑÁN

Colaboramos co Concello na actividade que ofertou ao Centro consistente en prantar landras para, aló polo mes de abril, ir trasplantar os carballos ao monte que se nos indique.





jueves, 19 de octubre de 2017

TUCHO ABALO NA ESCOLA

O noso veciño Tucho Abalo, artista e escultor, acompañounos hoxe na clase de Plástica.






jueves, 5 de octubre de 2017

SUXERENCIAS DE LECTURAS DE VICTORIA MORENO VÁZQUEZ

Estes son algúns dos títulos da obra infantil e xuvenil que escribiu a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018.

·         Mar adianteSadaEdiciós do Castro1973.
·         A festa no faiadoVigo, Galaxia, 1983.[13]
·         Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986. 3º Premio O Barco de Vapor.
·         O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989.
·         ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM1994.
·         ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997.
·         Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999.[15]

·         Eu conto, ti cantas, Vigo, Edicións Xerais de Galicia2005.[

miércoles, 27 de septiembre de 2017

PRESENTÁMONOS!!

 Aquí estamos de novo!!. Altos, guapos, riseiros...e coa ilusión de empezar un novo curso.  Xa somos de  segundo!!!
Espéranos un ano de  novos proxectos , de novas experiencias, de xogos compartidos...
Iremos informando de todos os eventos da nosa andadura. Convidámosvos a colaborar con nós para facer que sintamos que este blog forma parte de todos os que compoñemos esta pequena-gran familia.


lunes, 25 de septiembre de 2017

FELIZ CUMPLE, LUCÍA!!

"Parabéns para ti,
 nesta data querida,
 parabéns para ti 
e moitos anos de vida".


jueves, 22 de junio de 2017

...POR ESTE CURSO, ASÍ NOS DESPEDIMOS

FELIZ CUMPLE, ÁLEX!

Gracias, Álex, por compartir por adelantado o teu cumple con nós! Que disfrutes moito do teu día, e, recorda, o mesmo día a túa profe cumple ...uns pouquiños máis ca ti!!!!


 
                     

miércoles, 31 de mayo de 2017

EXCURSIÓN AO PARQUE PERIURBANO DE RIVEIRA

A temática da Semana Cultural levounos ata Cespón e Riveira. Tivemos ocasión de coñecer os castros de Neixón, as réplicas que se atopan no Periurbano de Riveira e os restos do Castro da Cidade, desde o que puidemos contemplar as vistas máis espectaculares do mundo. É un lugar que merece a pena visitar, sobre todo nun día claro e luminoso como o que nós tivemos a sorte de disfrutar.
No seguinte enlace, pódense ver as fotos que sacamos ese día.
http://santamariadocastro.blogspot.com.es/2017/05/excursion-1-e-2-ribeira.html


sábado, 13 de mayo de 2017

FELIZ CUMPLE, SABELA!!!

Benvida ao club, Sabela!!! Xa é unha terceira parte do grupo a que conta 7 aniños no seu DNI. Parabéns!!!!






viernes, 5 de mayo de 2017

TOCOU SER AGRICULTORES

Como xermina unha semente, observar como unha faba, unha lentella, un gran de millo,... se van convertindo en plantas, pode ser unha aprendizaxe moi visual ...se a colleita se nos dá ben, claro.


 
Emoción e entusiamo puxemos a raudales!!  



                                                            










martes, 25 de abril de 2017

O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS

María Canosa é a segunda vez que nos visita. Noutra ocasión, contounos como se lle ocorriron os poemas que compoñen o seu libro "Acuario". Desta volta, "O día que choveu do revés" foi a historia que a trouxo novamente ao noso cole.