Ante o achado duns restos óseos no patio do colexio, vímonos
na necesidade de “informar” ao policía que ese día realizaba a garda no
colexio. Outra posibilidade que apuntaban algúns compañeiros era a de chamar a
algún arqueólogo (por se acaso!).
Despois dunha breve investigación, o policía determinou que…algún veciño fixera un cocido nos días anteriores e, aqueles ósos non viñan
sendo máis que os restos dos lombelos que estiveran previamente no prato.
Suspense aclarado!!!