miércoles, 19 de diciembre de 2018
VISITA DE PAPA NOEL
Hoxe, ás 13:00 horas, recibimos a visita de Papá Noel. Repartiunos caramelos, interesouse polo que estabamos facendo na aula, recolleu as nosas cartas....e accedeu a facerse unha foto con todos nós.
martes, 18 de diciembre de 2018
CREANDO CON PAPEL RECICLADO
Utilizando como soporte aquel papel que nós mesmos elaboramos a primeiros de novembro, pintamos con témpera e montamos esta magnífica exposición:
Morcegos,
baleas,
coellos,
dragóns,
osos...
Bonita experiencia que nos permitiu comprobar a dificultade que ten pintar sobre unha superficie fráxil e un tanto rugosa como resultou o papel que tiñamos fabricado.

miércoles, 12 de diciembre de 2018
jueves, 29 de noviembre de 2018
FABRICANDO UNHA BRÚXULA
Un envase de cristal, un tapón de corcho, unha agulla, un imán, unha rosa dos ventos e un pouco de auga foron os materiais que empregamos para fabricar a nosa propia brúxula. Agora xa non imos "perder o norte" nunca máis!
https://photos.app.goo.gl/AThgDzHF7ByZ6tXz7
https://photos.app.goo.gl/AThgDzHF7ByZ6tXz7
viernes, 16 de noviembre de 2018
ANDAINA POLA EDUCACIÓN VIARIA
Esta actividade foi programada e organizada pola Policía Local. O "presunto" obxectivo era que o alumnado poidera poñer en práctica os coñecementos que se lle imparten nas clases de Educación Viaria que vén desenvolvendo nos Centros un membro dese Corpo.
A realidade foi que, todos, alumnado, mestres, policías, membros das AMPAS...fixemos unha moi agradable andaina polo paseo novo e, a maiores, vimos aterrar o helicóptero PEGASUS que trouxeron para a ocasión e, á velocidade do raio, puidemos subir á cabina, agasalláronnos con froita e xogamos no parque, que foi o que máis nos gustou. A que si, rapaces?
O Sr. Alcalde aporveitou a ocasión para darse un baño de masas.
lunes, 5 de noviembre de 2018
domingo, 4 de noviembre de 2018
lunes, 29 de octubre de 2018
ANDAINA SOLIDARIA
CULTIVANDO A HORTA
"Mercamos" un terreniño para poder adicarnos ás labores agrícolas. Fabóns, repolos, navizas, xudías... están xa sementados e prantados.
E, na jardinera que temos adxudicada dentro do programa Voz Natura, xa están medrando diferentes herbas aromáticas e, en breve, plantaremos hortalizas e outras plantas de tipo ornamental.
Mil grazas ás familias que están colaborando aportando todas as plantas e as sementes que enchen o noso horto.

sábado, 6 de octubre de 2018
EXHIBICIÓN DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA
O día 2 de outubro fomos convidados a ver unha demostración dos servizos de emerxencia que o Concello pon a disposición dos cidadáns. A actividade tivo lugar na Praza de Galicia. A continuación deixamos documento gráfico do vivido.
lunes, 24 de septiembre de 2018
PARABÉNS, LUCÍA!
Comezamos un novo curso e xa inauguramos a tempada de aniversarios. Lucía, tocouche ser a primeira! Parabéns, guapa!
martes, 19 de junio de 2018
sábado, 9 de junio de 2018
miércoles, 6 de junio de 2018
DE MUSEOS
Hoxe tocou saída a Santiago. O Museo do Pobo Galego e o de Ciencias Naturais ocuparon parte do noso tempo na capital de Galicia.
Que valor! Canto contido para un só día! Canto aprendimos e que ben o pasamos...a pesar do día chungo que nos tocou! Hoxe Santiago respondeu á súa fama: tivemos poalla todo o día!
Aí queda parte da documentación gráfica do día.

viernes, 25 de mayo de 2018
VIAXANDO AO PASADO
A cidade romana de Toralla, cos monitores Pablo e Lau que, de xeito fantástico nos transportaron á época romana, Salinae (a única salina da época romana que se conserva no mundo mundial por evaporación solar) e, por último, o zoo (que ten mooooito que mellorar), foron os destinos da nosa excursión.
martes, 22 de mayo de 2018
sábado, 19 de mayo de 2018
TEATRALIZANDO...
Igual temos unha pretensión moi alta, pero ....por pretender que non quede.
Así é que ...aspiramos a poder representar "O achado do castro" para finais de curso.
Será á nosa maneira, claro está. Se na familia queredes comprender ben de que vai a historia, aí vos deixamos unha imaxe da portada da obra. (Tamén a temos na clase, por se alguén está interesado)
SEMANA CULTURAL
viernes, 11 de mayo de 2018
FELICIDADES, PRINCESA!
martes, 24 de abril de 2018
APRENDEMOS A FACER COMPOSTAXE
Un dos obxectivos do proxecto sobre a reciclaxe que estamos estudando é o de reutilizar os residuos orgánicos para facer compost.
O primeiro que fixemos foi poñernos
en contacto co Concello para que nos
facilitara un composteiro.
Como non tiñan, ofertáronnos a posibilidade
de facelo nós mesmos utilizando palés
que eles mesmos nos enviarían.
Coma tantas veces, contamos coa inestimable
colaboración de Xaquín, que se puxo
mans á obra de inmediato.
Nada máis traernos Nacho os palés necesarios,
dun día para outro, o noso Conserxe fixo a maxia.
Investigamos os materiais que deben ir
no composteiro e, ben provistos de luvas,
dirixímonos ao monte a buscar
parte da materia prima necesaria.
E aí nos tedes metendo o material recollido no monte no composteiro. De agora en diante, distribuidos en equipos, imos ir incorporando a materia orgánica que se recolla nos distintos contedores distribuidos polo colexio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)