María Canosa é a segunda vez que nos visita. Noutra ocasión, contounos como se lle ocorriron os poemas que compoñen o seu libro "Acuario". Desta volta, "O día que choveu do revés" foi a historia que a trouxo novamente ao noso cole.
martes, 25 de abril de 2017
lunes, 24 de abril de 2017
...E FIXEMOS....IOGURES!!!!
Xa dominamos como chega o leite da vaca á taza. Nesta ocasión, comprobamos -un pouco por riba- como fermenta o leite e se convirte en iogurt.
O proceso, agora, foi....do bote, á boca!!!!
O proceso, agora, foi....do bote, á boca!!!!
jueves, 20 de abril de 2017
FELIZ ANIVERSARIO, JACOBO!!
martes, 18 de abril de 2017
VIAXE A EXIPTO
Facía tempo que nos entrara o gusanillo de viaxar a Exipto. Ata contaron os aforros que tiñan nas súas huchas!!! Trouxeron billetes "de mentira" que coleccionaban nalgunha cousa.
-"Ti gárdaos, profe, que ao mellor serven!".
Acompañáronnos os de terceiro, coa súa profe Bego e o profe Javier. |
Unha paradiña para repoñer forza |
Por fin...!!! |
Aquí estamos diante da pirámide de...Keops!! |
Naturalmente, a escritura é a xeroglífica |
Facía moita calor. Normal! Estabamos en Exipto! Canto xogo nos deu a fonte...!!! |
jueves, 6 de abril de 2017
APRENDEMOS EXPERIMENTANDO
Andar a andar, fomos construindo a nosa personalísima pirámide alimentaria.
Auga, carbohidratos, vitaminas e minerais, proteínas e azucres e graxas foron chegando á clase da man de cada un de nós.
Dous medios litros fan un litro.
Catro cuartos de litro fan tamén un litro.
Algunhas botellas de auga que traemos á escola son de 1/2 litro; outras son de 33 centilitros.
CENTILITROS, menuda palabreja!!! Fíxonos moita gracia!!! Xa estivemos vendo en cantas partes temos que dividir o litro para ter un centilitro.
Tocaba esta vez analizar a composición do sangue. Andabamos a voltas coa importancia da auga na nosa alimentación. Por algo, a auga está na base da pirámide.
Algunhas das opinións eran:
- A auga é necesaria para a dixestión;
- os músculos precisan auga se non non temos forza;
- todos os órganos do corpo precisan estar húmidos;
- o sangue necesita auga para circular polas veas...
Glóbulos blancos, glóbulos vermellos, plaquetas e plasma. Elaboramos todos os compoñentes e...aí temos o resultado!!!
A continuación, Lucía resúmenos o proceso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)