O primeiro que fixemos foi poñernos
en contacto co Concello para que nos
facilitara un composteiro.
Como non tiñan, ofertáronnos a posibilidade
de facelo nós mesmos utilizando palés
que eles mesmos nos enviarían.
Coma tantas veces, contamos coa inestimable
colaboración de Xaquín, que se puxo
mans á obra de inmediato.
Nada máis traernos Nacho os palés necesarios,
dun día para outro, o noso Conserxe fixo a maxia.
Investigamos os materiais que deben ir
no composteiro e, ben provistos de luvas,
dirixímonos ao monte a buscar
parte da materia prima necesaria.
E aí nos tedes metendo o material recollido no monte no composteiro. De agora en diante, distribuidos en equipos, imos ir incorporando a materia orgánica que se recolla nos distintos contedores distribuidos polo colexio.