jueves, 15 de diciembre de 2016

CUMPLEANOS FELIZ....!!!!!


Case a máis pequerrecha da clase -o máis noviño é David- pasou a formar parte dos veteranos. Mª José xa ten 6 anos!!! Nuns días, tamén David cumple e así xa todos temos MEDIA DUCIA !!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2016

ANATOMÍA PURA!!

Con Juan Pepe -os peques saben moi ben de quen falamos-, aprendemos mil e unha cousa sobre o noso corpo: ósos, músculos, tendóns, sistemas... O compañeiro Jacobo tróuxonos estes ósiños do lombo do porco -iso si, ben relamidos- para que puideramos observar e tocar as vértebras ao natural.

ESTA VEZ, SARAY CONVIDOUNOS A UNHAS RIQUÍSIMAS MAGDALENAS. Gracias Saray!!!



jueves, 24 de noviembre de 2016

ROTULANDO AS ESCALEIRAS



O tesouro do dragón Smaug é un pequeno conto escrito por Agustín Fernández Paz. Lémolo na clase e, como nos gustou moito, decidimos poñer o seu título nas escaleiras para que outros nenos se animen a lelo. E aí que estamos tan satisfeitos!!!

miércoles, 23 de noviembre de 2016

XA SOMOS SOCIOS....DA BIBLIOTECA DE BOIRO

Aproveitando que iamos ao Centro Cultural de A Cachada para asistir a un teatriño de guiñois, recibíunos unha das responsables da biblioteca e explicounos as normas que debemos cumplir cando asistamos a ela. Algún duende xa lle tiña levado as nosas fotos, porque tíñannos preparado o carnet de lectores e puidemos traer con nós un libro cada un.