lunes, 23 de enero de 2017

O NOVO TRIMESTRE TRÁENOS NOVOS PROXECTOS....

A "Alimentación e a saúde" e "Os antigos exipcios" formarán parte dos nosos traballos de investigación.
Para ambientar e animarnos a profundizar, algúns compañeiros empezaron a traballar duramente.
Sabela, axudada polo seu pai, transportounos ao país das pirámides.
Con Saray coñecimos outro tipo de pirámides, as aztecas.
E Mª José trouxo tamén a súa pirámide...neste caso, a pirámide alimentaria.




jueves, 19 de enero de 2017

DE CUMPLE, CON MATEO

Sete, Mateo, sete!!!! Acórdate: ao 7 gústalle que o escriban así. (Ti máis eu sabemos de que vai, verdade?)

jueves, 12 de enero de 2017

E CHEGARON OS REIS...


Se ve que fomos bos que acordáronse de deixarnos algo na clase...

Tamén tivemos tempo para compartir os xoguetes que nos deixaran a cada quen na nosa casa...



 
       

jueves, 15 de diciembre de 2016

CUMPLEANOS FELIZ....!!!!!


Case a máis pequerrecha da clase -o máis noviño é David- pasou a formar parte dos veteranos. Mª José xa ten 6 anos!!! Nuns días, tamén David cumple e así xa todos temos MEDIA DUCIA !!!!

miércoles, 7 de diciembre de 2016

ANATOMÍA PURA!!

Con Juan Pepe -os peques saben moi ben de quen falamos-, aprendemos mil e unha cousa sobre o noso corpo: ósos, músculos, tendóns, sistemas... O compañeiro Jacobo tróuxonos estes ósiños do lombo do porco -iso si, ben relamidos- para que puideramos observar e tocar as vértebras ao natural.

ESTA VEZ, SARAY CONVIDOUNOS A UNHAS RIQUÍSIMAS MAGDALENAS. Gracias Saray!!!