lunes, 29 de octubre de 2018

ANDAINA SOLIDARIA

Aí estivemos todos: mamás, papás, avós, pequenos e grandes, profes, Xaquín, Pepita....todos participamos nunha andaina divertida pero, sobre todo, solidaria.
O recaudado -algo máis de 600 €- entregóuselle a unha asociación que colabora na loita contra o cancro.



   






CULTIVANDO A HORTA

"Mercamos" un terreniño para poder adicarnos ás labores agrícolas. Fabóns, repolos, navizas, xudías... están xa sementados e prantados.

 

 


E, na jardinera que temos adxudicada dentro do programa Voz Natura, xa están medrando diferentes herbas aromáticas e, en breve, plantaremos hortalizas e outras plantas de tipo ornamental.
Mil grazas ás familias que están colaborando aportando todas as plantas e as sementes que enchen o noso horto.


                                                       

sábado, 6 de octubre de 2018

EXHIBICIÓN DOS SERVIZOS DE EMERXENCIA


O día 2 de outubro fomos convidados a ver unha demostración dos servizos de emerxencia que o Concello pon a disposición dos cidadáns. A actividade tivo lugar na Praza de Galicia. A continuación deixamos documento gráfico do vivido.


lunes, 24 de septiembre de 2018

PARABÉNS, LUCÍA!

Comezamos un novo curso e xa inauguramos a tempada de aniversarios. Lucía, tocouche ser a primeira! Parabéns, guapa!



martes, 19 de junio de 2018

"O ACHADO DO CASTRO"

Despedimos o curso representando a obra "O achado do castro". Aquí deixamos algunhas fotos.


                                                       

sábado, 9 de junio de 2018

miércoles, 6 de junio de 2018

DE MUSEOS

Hoxe tocou saída a Santiago. O Museo do Pobo Galego e o de Ciencias Naturais ocuparon parte do noso tempo na capital de Galicia.
Que valor! Canto contido para un só día! Canto aprendimos e que ben o pasamos...a pesar do día chungo que nos tocou! Hoxe Santiago respondeu á súa fama: tivemos poalla todo o día!
Aí queda parte da documentación gráfica do día.