sábado, 4 de marzo de 2017

TODOS ENSINAMOS....TODOS APRENDEMOS

Todos os días nos xurden un montón de dúbidas (gracias a Deus!). Como funcionan as esclusas do Canal de Panamá foi algo que nos prantexamos cando, ao observar no mapa os cinco continentes, démonos conta da cinturiña tan estreita que luce América. Que se o Atlántico, que se o Pacífico...como atravesamos...Dunha cousa demos noutra e...había un canal!!!!

Antonio Muiño, o papá de Antón, exerceu de inxeniero por un día e, dunha maneira sinxela e sumamente clara, fíxonos ver como funcionan as esclusas do Canal de Panamá. Cada un de nós puidemos "cruzar" dende o Pacífico ao Atlántico, -ou á inversa-, pilotando o "noso" barco, ascendendo de esclusa en esclusa. Toda unha lección práctica!! Gracias, mestre!

ASÍ FUNCIONAN AS ESCLUSAS DO CANAL DE PANAMÁ

domingo, 5 de febrero de 2017

DE INTERESE PARA MAMÁS E PAPÁS

Con ese título, iniciamos un gadget novo no que iremos incluindo enlaces que teñan fundamentalmente carácter informativo e/ou que nos conduzan a actividades que debemos realizar conxuntamente.  Oxalá resulte realmente....de interese.