martes, 27 de marzo de 2018

OS ÓSOS MISTERIOSOS



Ante o achado duns restos óseos no patio do colexio, vímonos na necesidade de “informar” ao policía que ese día realizaba a garda no colexio. Outra posibilidade que apuntaban algúns compañeiros era a de chamar a algún arqueólogo (por se acaso!).


Despois dunha breve investigación, o policía determinou que…algún veciño fixera un cocido nos días anteriores e, aqueles ósos non viñan sendo máis que os restos dos lombelos que estiveran previamente no prato. Suspense aclarado!!!

viernes, 16 de febrero de 2018

O CICLO DA AUGA

Evaporación - condensación e precipitación son termos que comprendemos experimentando.
Aquí temos unha mostra dos noveles, pero fantásticos,  científicos. Un hurra por Lucía, Mª José e Jacobo!!


 

 


viernes, 9 de febrero de 2018

ASÍ NOS DISFRAZAMOS...





                                                                                                 

   

jueves, 8 de febrero de 2018

martes, 6 de febrero de 2018

SOMOS OS HOMES E AS MULLERES DO TEMPO

Como cada mércores, esta semana baixamos medir a temperatura e a cantidade pluviométrica recollida na estación metereolóxica. A xogo co día, abrigámonos convenientemente e puxemos as nosas mellores galas.


Nesta ocasión foi Sabela a encargada de tomar debida nota da información recollida.

viernes, 26 de enero de 2018

...E SEGUIMOS FACÉNDONOS MAIORES!!

Primeiro un, despois o outro, os Mateos cumplimos un aniño máis. Somos os maiores! Xa temos oito anos!!!!!




martes, 9 de enero de 2018

OS REIS MAGOS VISITARON A NOSA CLASE

Sabedores dos nosos gustos e dos nosos intereses, as Súas Maxestades os Reis Magos trouxéronnos dous agasallos: un mapa mundi magnético e un xogo do corpo humano!!! Tempo é o que tamén precisamos para poder facer e aprender todo o que desexamos.