miércoles, 24 de abril de 2019

FELIZ CUMPLE, JACOBO!!

Novo trimestre, novo proxecto e novo cumpreanos. E, a xogo coa temática que nos vai ocupar, celebramos o Día do Libro e, como non, o día de Jacobo. Parabéns guapo, e grazas pola orixinal torta!!!


jueves, 4 de abril de 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO E Á CIDADE DE PONTEVEDRA

No salón de audiovisuais, fomos espectadores dunha representación teatral que versaba sobre a importancia da lectura e os libros.
 Un lobo esperábanos á saída.
Atendimos ás explicacións que unha monitora nos deu para coñecer a exposición sobre  a mostra. 


 O loro Ravachol, Ramón Mª del Valle Inclán, a igrexa da Peregrina, a Praza da Leña, a do Teucro, as casas nobres cos seus escudos, os soportais..., foron algunhas das cousas que nos saíron ao paso paseando pola cidade pontevedresa.  (Tamén, a chuvia, o frío,....algunhas veces, o sol...)
Acabamos REN - DI - DOS!!!!! Menos mal que había un sofá!!!!

miércoles, 27 de marzo de 2019

DISFRUTANDO DOS PRODUCTOS DO HORTO

Primeiro foi cultivar. Agora tocou recoller os froitos. Como bos hortelanos que somos, recollimos a primeira colleita de leitugas e...xa temos outras plantadas.
Pero, a leituga unicamente facíanos un plato un pouco aburrido. Así que decidimos elaborar unha ensalada supercompleta, na que non faltara ningún nutriente dos que precisamos para ter unha alimentación sana e equilibrada.


Uns lavamos a leituga, outros cortamos tomates, cebolas, plátanos, surimi, queixo; outros,  dispuxemos as olivas, as noces, os dátiles, o atún, o pavo...
Aceite, sal e vinagre deron o toque final á nosa completa ensalada. Só nos quedaba ...

   
                                              ...degustala en total harmonía!!!


viernes, 15 de febrero de 2019

NON SÓ EN CASTELA HAI CASTELOS...






A Idade Media xa chegara á escola: dous imponentes castelos dominan dende fai días o feudo da entrada, territorio de todos los cabaleiros e damas que cada día acceden ao Centro.
Pero chegaron novas de que preto de alí  había outra fortificación, doutra familia noble.
Saímos en expedición e....Ademais dun castelo, vimos un pombeiro, un lagar, varios hórreos, unha fonte, unha prensa do viño, unha casiña típica galega....



Moitísimas grazas ás familias que colaboran con entusiasmo para que a nosa aprendizaxe resulte moito máis fácil.