viernes, 15 de diciembre de 2017

FELIZ CUMPLE, Mª JOSÉ!!!

A máis noviña da "familia" cumpleu hoxe sete aniños. Un brindis por unha excelente compañeira e.... a cumplir moooitos máis!!!!!!



lunes, 11 de diciembre de 2017

REFLEXIONANDO SOBRE A DISCAPACIDADE

No Día que a Asamblea das Nacións Unidas proclamou Día Internacional das Persoas con Discapacidade -3 de decembro-, adicamos un tempo a visualizar uns cortos que nos fixeron reflexionar sobre os dereitos, as necesidades e o respecto que todos nos merecemos. Rematamos unindo as nosas mans nunha árbore común, no que as diferenzas nin se notan.


                                             









domingo, 3 de diciembre de 2017

VISITA AO CONCELLO

Coa finalidade de achegarnos ás institucións locais, coñecer as funcións que cumpren determinadas persoas no Concello, saber que problemática podemos resolver os cidadáns nas dependencias municipais... solicitamos unha entrevista co Sr. Alcalde.
Recibíunos e contestou todas as preguntas que lle fixemos. Por último, a Concelleira de Educación, Mª José, fíxonos unha visita guiada polas diferentes dependencias.


martes, 28 de noviembre de 2017

ATREZO FESTIVAL

Na cabeza, os emperadores levarán unha coroa de loureiro, que farermos  cunha diadema.



viernes, 24 de noviembre de 2017

UN ROMANO CON NÓS...

Moita ilusión nos facía que chegaran David e máis o seu amigo Cristian, un auténtico habitante de Roma!!!. Os dous fixeron o Camiño Roma-Santiago en bicicleta e, ao día seguinte de chegaren, viñeron facernos unha visita. Tivemos ocasión de preguntarlles cousas sobre Roma e, sobre todo, demostrarlles o moitíííísimo que sabemos nós. Foi tan pouco tempo que ...nin siquera fixemos unha foto todos xuntos. Sabela quedou de última ese día e...


EXPERIMENTANDO, NOVAMENTE


Hoxe apreciamos o sal por ser un aliño imprescindible. Os romanos cobraban o sueldo en sal: de aí o término salario. Comprobamos para que querían tanto sal:



Claro que si!!! Para conservar os alimentos!! Puxemos un trozo de carne fresca en sal e,deixamos outro trozo sen ningún aditivo. Poucos días nos fixeron falta para comprobar a eficacia do sal como conservante!!!